Physospermum
Physospermum
[PLANTA]
Xénero de plantas, da familia das apiáceas, que teñen as follas redondas, moi divididas, as flores brancas dispostas en umbelas compostas e os froitos con costelas filiformes. En Galicia dáse a especie P. cornubiense que é moi abundante en bosques e en lugares onde hai breixos.