"Navarra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 38.

  • PERSOEIRO

    Duque de Vendôme (1537-1562), Rei de Navarra (1555-1562) polo seu casamento (1548) con Xoana III, Raíña de Navarra (1555-1572). Tras este casamento Navarra pasou da casa de Albret á dos Borbóns. Á morte de Francisco II de Francia foi nomeado lugartenente do reino (1561). Ao constituírse en Francia o Triunvirato Católico (1562), Filipe II conseguiu que adoptara o Catolicismo. Fillo seu e de Xoana foi o futuro Enrique IV de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito documental formado en Pamplona cos arquivos diplomáticos, de gobernación e de contabilidade do antigo Reino de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Be-Nafarroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filla do Rei Sancho IV de Navarra, en 1191 casou co Rei Ricardo I Corazón de León en Chipre. Permaneceu en San Juan de Arce (Palestina) mentres este participaba na terceira cruzada (1191-1192), e durante o cativerio do Rei en Xermania, viviu en Potiou (1192-1194). Parece ser que non se volveu reunir co Rei e se retirou a Le Mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra (1425-1441). Filla de Carlos III o Nobre e Leonor de Trastámara. Casou en 1402 con Martiño o Mozo, Rei de Sicilia e herdeiro da coroa de Aragón. Ao morrer este, gobernou Sicilia (1409-1415). Casou en segundas nupcias co futuro Xoán II de Aragón. Asociou ao trono de Navarra ao seu home, e ao nacer o fillo de ambos, Carlos, príncipe de Viana (1421), nomeouno herdeiro, pero no testamento estableceu que o príncipe non podería gobernar sen o consentimento do seu pai. Trala súa morte, comezou unha guerra civil entre os partidarios do príncipe de Viana e de Xoán II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra (1461-1464). Filla de Xoán II de Aragón e de Branca I de Navarra. Xunto co seu irmán Carlos, príncipe de Viana, reclamou a seu pai os seus dereitos ao trono navarro, pero Xoán II desherdounos en favor da súa filla máis nova, Leonor (1455), casada con Gastón IV de Foix. Prisioneira do seu pai, Branca cedeu os seus dereitos a Enrique IV de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos IV de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1349-1387), fillo e sucesor de Xoana II de Navarra e de Filipe III, conde de Évreux. Casou en 1353 con Xoana, filla de Xoán II de Francia, trono ao que sostiña aspiracións. Xoán II, temeroso dos seus contactos cos ingleses, cedeulle polo Tratado de Nantes (1354) dominios en Normandía, pero finalmente apresouno en Rouen en 1356. Fuxiu da prisión e venceu a revolta da Jacquerie, de acordo co delfín, ao mesmo tempo que actuaba contra el na revolta de París de Étienne Marcel (1358). Na derrota de Cocherel (1364) perdeu unha gran parte dos seus dominios franceses. Aliado de Pedro I de Castela, declarou a guerra a Pedro IV de Aragón en 1362, que concertou os acordos de Uncastillo (1363) e Sos (1364). A repartición de Navarra, proxectada por Pedro III e Carlos V de Francia, obrigouno a pactar co rei de Castela en Libourne, en 1366, e cedeulle unha parte de La Rioja, Araba e Gipuzkoa. Axudou a Pedro I de Castela na súa loita contra Enrique de Trastámara e restituíronlle os territorios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1387-1425), fillo e sucesor de Carlos II. O seu casamento en 1375 coa infanta Leonor, filla de Enrique II de Castela, puxo fin ao longo período de hostilidade entre estes reinos. Asinou diversos tratados de paz con Castela e Aragón. Concluíu un acordo con Ricardo III de Inglaterra en 1393 polo que recuperaba Cherburgo. Polo Tratado de París de 1404, que asinou con Carlos VI de Francia, renunciou aos condados de Champagne, Brie e Évreux, e á cidade de Cherburgo, e recibiu o ducado-paria de Nemours. Comprometeuse con Fernando I de Aragón a impedir que Antón de Luna, partidario de Xaime o Desgraciado, conde de Urgell, recibise axuda desde Navarra e Francia. Recoñeceu en 1390 o papa de Aviñón, pero, unha vez que foi proclamado Martiño V, someteuse á obediencia de Bieito XIII. En 1423 instituíu o título de príncipe de Viana, privativo dos herdeiros do Reino de Navarra, a favor de Carlos, primoxénito da súa filla Branca e de Xoán, infante de Aragón. Reformou a facenda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra e condesa de Foix (1483-1513), filla de Gastón V de Foix e de Magdalena de Francia. Herdou Navarra e Foix trala morte do seu irmán Francisco I Febo en 1483. Casou con Xoán II de Albret (1484) e durante o seu reinado aumentaron as loitas entre beaumonteses e agramonteses. Isto facilitou a ocupación de Navarra por Fernando o Católico en 1512, que foi proclamado rei en 1513. Como consecuencia, Catarina converteuse en raíña da Navarra ultrapirenaica, cargo que ocuparía ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1270-1274) e conde de Champagne, fillo de Teobaldo I. Rexente do seu irmán Teobaldo II, sucedeuno como rei. O seu goberno supuxo un intento de conservar a paz. Negouse a participar na insurreción nobiliaria que dirixiu Filipe, infante de Castela, contra Afonso X o Sabio (1269-1270). Deixou como herdeira a súa filla Xoana I de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra e conde de Foix (1518-1555), de Bigorre e de Armagnac, vizconde de Béarn, fillo de Catarina I de Navarra e de Xoán II de Albret. En 1521 tentou restablecer a unidade do seu reino, que rompera Fernando o Católico en 1512. Ocupou as cidades de Saint Jean-Pied-de-Port, Pamplona e Estella, pero a derrota fronte aos exércitos de Carlos I en Quirós fixérono abandonar as súas conquistas. Acompañou a Francisco I de Francia nas súas expedicións italianas e foi apresado na Batalla de Pavia. Casado con Margarida de Valois, sucedeuno a súa filla Xoana III de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enrique IV de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe IV de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filipe V de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1328-1343) e conde de Évreux. Casado en 1317 con Xoana II de Navarra, foi proclamado rei de Navarra en 1328, polo que se viu obrigado a renunciar os seus dereitos ao trono francés. Aínda que se enfrontou en varias ocasións co rei castelán Afonso XI, colaborou con este no sitio de Algeciras (1342).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1479-1483), conde de Foix e de Bigorre, vizconde de Bearn, de Marsan, de Gabardà, de Brulhès, de Oloron e de Castellbò e señor de Andorra (1471-1483), fillo de Gastón III. De nome François Febus, sucedeu os seus avós Gastón IV de Foix e Leonor I de Navarra. Durante o seu reinado sucedéronse as loitas entre os agramonteses e beaumonteses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1035-1054), fillo de Sancho III de Navarra e de Munia. De nome García Sánchez III, herdou do seu pai Navarra, o País Vasco, La Rioja, a Bureba e os Montes de Oca. Colaborou co seu irmán Fernando I na loita contra Vermudo III de León, a quen derrotaron en Tamarón (1037), e enfrontouse a Ramiro I de Aragón, ao que venceu en Tafalla (1043). A caída do califato de Córdoba permitiulle avanzar cara ao S e recuperar Calahorra (1054). Posteriormente, enfrontouse a Fernando I por unha cuestión fronteiriza e foi derrotado en Atapuerca. Fundou en Nájera o mosteiro de Santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Lorca 1150) Rei de Navarra (1134-1150), bisneto de García IV. De nome García Ramírez, foi recoñecido como rei trala morte de Afonso I de Aragón. Nun principio para preservar a súa independencia fronte a Aragón prestou vasalaxe ao rei castelán Afonso VII, a quen cedeu Zaragoza (1135). Enfrontado co monarca castelán por cuestións fronteirizas, tivo que facer fronte ao ataque conxunto de Afonso VII e Ramiro II, que se repartiran Navarra no Tratado de Carrión (1140). Tralas Treguas de San Esteban de Gormaz (1146), asinou a paz con ambos monarcas e participou xunto a Afonso VII na conquista de Almería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Navarra, conde de Beaumont-le-Roger, Normandie (1365) e duque de Durazzo (1370), fillo dos reis Filipe I o Fermoso e Xoana I a Tola. De 1372 a 1376, e financiado por Carlos V de Francia, formou a Compañía Navarra de mercenarios para reconquistar o Reino de Albania.

    VER O DETALLE DO TERMO