Carlos II de Navarra o Malo

Carlos II de Navarra o Malo

Rei de Navarra (1349-1387), fillo e sucesor de Xoana II de Navarra e de Filipe III, conde de Évreux. Casou en 1353 con Xoana, filla de Xoán II de Francia, trono ao que sostiña aspiracións. Xoán II, temeroso dos seus contactos cos ingleses, cedeulle polo Tratado de Nantes (1354) dominios en Normandía, pero finalmente apresouno en Rouen en 1356. Fuxiu da prisión e venceu a revolta da Jacquerie, de acordo co delfín, ao mesmo tempo que actuaba contra el na revolta de París de Étienne Marcel (1358). Na derrota de Cocherel (1364) perdeu unha gran parte dos seus dominios franceses. Aliado de Pedro I de Castela, declarou a guerra a Pedro IV de Aragón en 1362, que concertou os acordos de Uncastillo (1363) e Sos (1364). A repartición de Navarra, proxectada por Pedro III e Carlos V de Francia, obrigouno a pactar co rei de Castela en Libourne, en 1366, e cedeulle unha parte de La Rioja, Araba e Gipuzkoa. Axudou a Pedro I de Castela na súa loita contra Enrique de Trastámara e restituíronlle os territorios cedidos. En 1370 aliouse con Pedro IV de Aragón contra Enrique II de Castela, co que se enfrontaron en 1378. Fracasado o seu intento de apoderarse de Logroño en 1378, asinou en 1379 con Enrique II a Paz de Briones.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Évreux

  • Deceso