García V de Navarra o Restaurador

García V de Navarra o Restaurador

(? - Lorca 1150) Rei de Navarra (1134-1150), bisneto de García IV. De nome García Ramírez, foi recoñecido como rei trala morte de Afonso I de Aragón. Nun principio para preservar a súa independencia fronte a Aragón prestou vasalaxe ao rei castelán Afonso VII, a quen cedeu Zaragoza (1135). Enfrontado co monarca castelán por cuestións fronteirizas, tivo que facer fronte ao ataque conxunto de Afonso VII e Ramiro II, que se repartiran Navarra no Tratado de Carrión (1140). Tralas Treguas de San Esteban de Gormaz (1146), asinou a paz con ambos monarcas e participou xunto a Afonso VII na conquista de Almería.