García Teijeiro, Antonio
Escritor e mestre. Colaborou en diversas publicacións literarias e pedagóxicas e especializouse en literatura infantil e xuvenil, tanto como crítico como autor. Codirixiu o programa radiofónico de música e poesía Os sons do silencio. Autor de obras didácticas, poesía e narrativa da súa produción destaca Celso E. Ferreiro para nenos (1988), A chave dos soños (1988), Fantasía en Re Maior (1991), Versos de agua (1991), Volando por las palabras (1992), Sempre quenta o sol (1994), Lueiro de papel (1995), Na fogueira dos versos (Premio Merlín 1996), Coplas (1998), En voz baixa (1998), Aloumiños (1998), Os nosos versos (1998), Caderno de fume (1999), Palabras envoltas en cancións (2000), O que ven os ollos dos nenos (2000), Aire sonoro (2001), Na agonía dos outonos en silencio (2002) e Trala liña do horizonte (2002). Recibiu o Premio Europeo Pier Paolo Vergerio (1998) e entrou na Lista de Honra do IBBY (1998) con Na fogueira dos versos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Vigo