"Navia" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor italiano. Traballou en España dende 1731. Dirixiu as obras da renovación de Aranjuez e colaborou na construción do palacio real desta cidade, onde trazou a escaleira (1744) e remodelou a fachada. Realizou tamén o Teatro del Buen Retiro e a igrexa dos Santos Justo e Pastor, hoxe de San Miguel, en Madrid (1739-1746).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do N de Europa que, nun sentido físico, inclúe a Península Escandinava, situada entre o Océano Atlántico, ao O, o Océano Glacial Ártico, ao N, e o Mar Báltico, ao L; que se estende ao longo duns 1.800 km desde o Cabo Norte, no Ártico, ata os estreitos dinamarqueses. A península ocupa unha extensión duns 770.000 km2, divididos entre o territorio de Noruega, Suecia e Finlandia. A súa poboación é duns 13.500.000 h (estim 2000). Desde o punto de vista lingüístico, cultural, histórico e socioeconómico inclúese tamén na denominación de Escandinavia a Dinamarca, Islandia e a totalidade de Finlandia.
    Xeografía física
    A Península Escandinava comprende a maior parte do antigo escudo báltico, un bloque de materiais cristalinos, eruptivos e metamórficos, que sufriron primeiro os dobramentos caledonianos e despois, unha vez aplanados e erosionados, os dobramentos terciarios, que deron orixe aos Alpes Escandinavos. Esta cadea montañosa, que percorre a península...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Realizou estudios de xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Colaboradora en distintas publicacións, escribiu o volume de relatos Historias de Edel (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desidia ou falta de vontade para realizar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente cantábrica que discorre polas provincias de Lugo e Asturias, con dirección S-N. Nace nas montañas do Cebreiro, en Pedrafita do Cebreiro, a 1.100 m de altitude co nome de Pedrafita, e desemboca na ría de Navia, Asturias, tras 11 km de percorrido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, situado na costa cantábrica, onde desemboca o río homónimo (9.063 h [2001]). É o centro dunha zona agrícola e gandeira, onde a pesca tamén é importante. Hai industrias derivadas do sector primario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo galego de orixe toponímica de recente introdución (San Paio de Navia, San Miguel de Návea ou Navia de Suarna), que pode proceder dunha raíz nav- ‘embarcación, nave’. Para outros investigadores pode aludir á ‘auga’, como elemento natural imprescindible para a vida, ou á ‘navegación’, pois tamén é nome de ‘río’ (Návea, Navia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello que pertence á comarca dos Ancares, situado no L da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro-leste da provincia de Lugo. Limita ao N co concello da Fonsagrada (comarca da Fonsagrada), con Asturias e con León, ao S co de Cervantes (comarca de Ancares) e, novamente, coa provincia de León, ao L con Asturias, e ao O cos de Becerreá (comarca de Ancares) e Baleira (comarca da Fonsagrada). Abrangue unha superficie de 243,3 km 2 en que acolle unha poboación de 1.552 h (2007), distribuída nas parroquias de Barcia, Cabanela, Castañedo, Folgueiras, Freixís, Galegos, Moia, Mosteiro, Muñís, Penamil, Pin, A Proba de Navia, Queizán, Rao, A Ribeira, Ribón, Savane, Son, Vallo e Vilarpandín. A súa capital é a vila da Proba e a súa situación xeográfica é 42° 59’ latitude N e 6° 59´ lonxitude O, localizada a 71 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial da Fonsagrada.
    Xeografía física
    O relevo do concello inclúese dentro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo, que abrangue parte do municipio de Navia de Suarna e a parroquia de Vilaquinte, do concello de Cervantes, e comprende 18 parroquias matrices e un anexo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Navia en Navia de Suarna. Datada en época medieval, está realizada con laxes de xisto. Ten un só arco oxival e peitorís elevados. Conta cun único van e está situada nun antigo camiño cara á Fonsagrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Proba de Navia (Navia de Suarna). As primeiras noticias da súa construción datan do segundo terzo do s XI. Foi derrubado durante as Guerras Irmandiñas e reconstruírono os condes de Altamira no último terzo do s XV. Perdeu o seu carácter defensivo para adquirir unha planta semicircular en que predomina o aspecto residencial. Deste período consérvanse algúns elementos decorativos como os vans oxivais. Destaca a súa situación, asentado sobre rocha, e conserva o triplo portón de entrada en tres niveis diferentes e parte das primitivas murallas e torres defensivas. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro técnico. Director provincial da Coruña (1986-1988) e director territorial de Galicia (1988-1996) do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, escribiu, ademais de artigos en prensa especializada, Contribución do pasto e do penso á produción leiteira en Galicia (1983). Recibiu a Encomienda de la Orden del Mérito Agrario (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de santa María Madanela, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO