"Navia de Suarna" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • GALICIA

    Concello que pertence á comarca dos Ancares, situado no L da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro-leste da provincia de Lugo. Limita ao N co concello da Fonsagrada (comarca da Fonsagrada), con Asturias e con León, ao S co de Cervantes (comarca de Ancares) e, novamente, coa provincia de León, ao L con Asturias, e ao O cos de Becerreá (comarca de Ancares) e Baleira (comarca da Fonsagrada). Abrangue unha superficie de 243,3 km 2 en que acolle unha poboación de 1.552 h (2007), distribuída nas parroquias de Barcia, Cabanela, Castañedo, Folgueiras, Freixís, Galegos, Moia, Mosteiro, Muñís, Penamil, Pin, A Proba de Navia, Queizán, Rao, A Ribeira, Ribón, Savane, Son, Vallo e Vilarpandín. A súa capital é a vila da Proba e a súa situación xeográfica é 42° 59’ latitude N e 6° 59´ lonxitude O, localizada a 71 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial da Fonsagrada.
    Xeografía física
    O relevo do concello inclúese dentro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo, que abrangue parte do municipio de Navia de Suarna e a parroquia de Vilaquinte, do concello de Cervantes, e comprende 18 parroquias matrices e un anexo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Navia en Navia de Suarna. Datada en época medieval, está realizada con laxes de xisto. Ten un só arco oxival e peitorís elevados. Conta cun único van e está situada nun antigo camiño cara á Fonsagrada.

    VER O DETALLE DO TERMO