"Netta" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

    1. Forma da lírica italiana, polo xeral de verso hendecasílabo e ritmo iámbico. A súa extensión máxima alcanza as quince estrofas, dividida cada unha en dúas partes, piedi e fronte, e remata nunha semi-estrofa chamada ripressa ou commiato. A temática acostuma ser amorosa, aínda que tamén pode adoptar asuntos propios da oda. A súa forma foi obxecto de distintas modificacións co paso do tempo.

    2. Composición musical profana dos ss XVI a XVIII de tema máis alegre cá canzone e de versos máis curtos. Cultivadores deste xénero foron, entre outros, Claudio Monteverdi (1567-1643) ou Thomas Morley (1557?-1602), autor de Canzonetts or Little Short Songs to Three Voices (Canzonettas sobre pequenas cancións para tres voces, 1593).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Linda Darnell, comezou traballando en compañías de teatro afeccionado e facendo publicidade. Descubriuna para o cine un produtor da 20th Century Fox e debutou en 1939 na película Hotel for Women (Hotel para mulleres). Convertida, deste xeito, nunha das principais actrices destes estudios, protagonizou títulos como The Mark of Zorro (O signo do Zorro, 1940), It Happened Tomorrow (Sucedeu mañá, 1944), Fallen Angel (Anxo ou demo?, 1945), My Darling Clementine (Paixón dos fortes, 1946), A Letter to Three Wifes (Carta a tres esposas, 1949) ou The Thirteenth Latter (Cartas envelenadas, 1951). A principios dos anos cincuenta deixou a 20th Century Fox e realizou algúns filmes para outros estudios, incluídos algúns italianos como Gli ultimi cinque minuti (Os derradeiros cinco minutos, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves acuáticas, da familia das anátidas, que teñen a cabeza rubia. O macho presenta unha crista curta e a femia ten as partes superiores pardas escuras e as partes inferiores claras. Teñen o peteiro vermello e unha banda ventral negra no macho e branca na femia. A especie N. rufina é común no S e L de España, pero non en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO