canzonetta*

canzonetta*
  1. s f [LIT]

    Forma da lírica italiana, polo xeral de verso hendecasílabo e ritmo iámbico. A súa extensión máxima alcanza as quince estrofas, dividida cada unha en dúas partes, piedi e fronte, e remata nunha semi-estrofa chamada ripressa ou commiato. A temática acostuma ser amorosa, aínda que tamén pode adoptar asuntos propios da oda. A súa forma foi obxecto de distintas modificacións co paso do tempo.

  2. s f [MÚS]

    Composición musical profana dos ss XVI a XVIII de tema máis alegre cá canzone e de versos máis curtos. Cultivadores deste xénero foron, entre outros, Claudio Monteverdi (1567-1643) ou Thomas Morley (1557?-1602), autor de Canzonetts or Little Short Songs to Three Voices (Canzonettas sobre pequenas cancións para tres voces, 1593).

Palabras veciñas

Canuto, Ricioto | canzada | canzone* | canzonetta* | Canzoniere | canzorro | Cao