Cao

Cao
  1. [ONOM]

    ariante do apelido Cano. Documéntase no s XIV: “Pedro Eanes dito Cao” (doc ano 1305 en Emilio Duro Peña Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense (888-1554), 1973, p 153).

  2. [HERÁLD]

    Liñaxe natural de Cordido, en Foz, recollida nos tratados heráldicos como Cao Cordido. As súas armas levan, en campo de goles, unha faixa de prata acompañada de dous caldeiros de ouro, un arriba e outro abaixo. Algunha variante trae, en campo de sinople, dúas columnas de prata, dereitas e postas en faixa, superada cada unha dunha cruz de Malta, do mesmo metal. Para os Cao Cordido reséñanse varios brasóns: en campo de sinople, dous cordeiros de prata, postos en pao; en campo de goles, unha árbore ao natural e un cordeiro branco atravesado, ao pé do tronco; en campo de ouro, unha árbore de sinople saíndo da punta do escudo e un cordeiro branco atravesado ao pé do tronco, e bordo de goles con catro aspas de ouro e catro veneras de prata, alternando; en campo de goles, unha árbore de prata terrazada de sinople e un cordeiro branco pasante, atado ao tronco cunha cadea de sable.