"Nicandro" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Sacerdote e teólogo. Investigador especializado en etimoloxía histórica, toponimia, epigrafía e arqueoloxía galega. Os seus traballos están centrados no ámbito galaico, onde son salientables as súas contribucións á toponimia de Lugo na revista Lucensia. En 1937 ingresou no Seminario Diocesano, onde cursou estudos de Humanidades e Filosofía; logo trasladouse á Universidade Pontificia de Comillas (Santander) e obtivo a licenciatura en Filosofía e Teoloxía. Ordenouse crego en 1951 e durante dous anos rexeu a parroquia de San Cristovo da Cervela (O Incio). Dende o 1955 ata a súa xubilación en 1997, exerceu o seu maxisterio de Humanidades e Filosofía no Seminario Diocesano. Membro da Xunta do Museo Provincial e director do Museo Diocesano, colaborou habitualmente en diferentes publicacións: El Progreso (Lugo), Archivo Español de Arqueología,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do nome grego Níkandros ‘home vitorioso’, ‘varón vencedor’), de níke ‘vitoria’ e anér, andrós ‘home’. A súa festividade celébrase o 4 de novembro (bispo de Ermeo e mártir) e o 15 de marzo, 17 de xuño ou 7 de novembro (mártir).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. O ámbito das súas obras é moi diverso e comprende épica mitolóxica, historia e xeografía. Consérvanse dous poemas didascálicos, Theriaka e Alexipharmaka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s IV) Mártir. Foi perseguido durante o mandato do Emperador Galerio (305-311) e morreu martirizado. A súa festividade celébrase o 4 ou o 7 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO