Ares Vázquez, Nicandro

Ares Vázquez, Nicandro

Sacerdote e teólogo. Investigador especializado en etimoloxía histórica, toponimia, epigrafía e arqueoloxía galega. Os seus traballos están centrados no ámbito galaico, onde son salientables as súas contribucións á toponimia de Lugo na revista Lucensia. En 1937 ingresou no Seminario Diocesano, onde cursou estudos de Humanidades e Filosofía; logo trasladouse á Universidade Pontificia de Comillas (Santander) e obtivo a licenciatura en Filosofía e Teoloxía. Ordenouse crego en 1951 e durante dous anos rexeu a parroquia de San Cristovo da Cervela (O Incio). Dende o 1955 ata a súa xubilación en 1997, exerceu o seu maxisterio de Humanidades e Filosofía no Seminario Diocesano. Membro da Xunta do Museo Provincial e director do Museo Diocesano, colaborou habitualmente en diferentes publicacións: El Progreso (Lugo), Archivo Español de Arqueología, Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y artísticos de Lugo, Boletín do Museo Provincial de Lugo, Boletín Auriense, Cuaderno de Estudios Gallegos, Estudios Mindonienses, Brigantium, Grial e Lucensia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santa Baia de Bóveda

  • Falecemento

    Lugar : Lugo