"Nina" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 120.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación relixiosa da Arquidiócese de Santiago de Compostela aparecida nesa cidade en 1941.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización católica, fundada o 2 de febreiro de 1932 no concello de Pontedeume. Naceu baixo a denominación oficial de Asociación Femenina de Acción Nacional de Pontedeume, pero a partir do 20 de xuño de 1932 realizou as súas actividades baixo o nome de Acción Popular Femenina. A nova organización funcionou entre 1932 e 1934, artellada en delegacións parroquiais; esta división parroquial respondía á estratexia expansiva da Unión Regional de Derechas (1931), á que a Acción de Pontedeume estaba adscrita dende a data mesma da súa fundación. Esta organización feminina naceu como resposta ás iniciativas da sociedade local, coa intención de estruturar a propaganda do catolicismo político naquelas parroquias onde aínda non era moi forte. Boa mostra do seu carácter social e interclasista foi a intención de agrupar tanto as mulleres obreiras como as que non o eran, aínda que os cargos directivos estaban dominados, porcentualmente, polas mulleres pertencentes a familias dunha posición socio-económica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Base purínica constituínte da adenosina e, por tanto, de numerosas substancias de grande importancia bioquímica.
-
-
Anticorpo do plasma sanguíneo que actúa ante determinados antíxenos ou fronte ás células que os conteñen (eritrocitos, bacterias, etc) provocando a súa aglutinación. As aglutininas que son constituíntes normais do plasma teñen un importante papel nos mecanismos inmunitarios e de compatibilidade ou incompatibilidade sanguínea entre sangue de individuos diferentes ( grupos sanguíneos). Hai que considerar, tamén, as aglutininas presentes no plasma como consecuencia dun proceso de inmunización.
-
Cada unha das substancias de orixe vexetal que, como a fasina, introducidas no plasma sanguíneo, actúan de anticorpos e aglutinan os eritrocitos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización católica feminina fundada na cidade de Lugo o 19 de febreiro de 1932. A súa constitución respondeu á necesidade que o movemento tiña de estenderse por aqueles lugares nos que a súa influencia non era moi forte. Esta agrupación formou parte dunha etapa de fundación masiva de organizacións católico-femininas que, entre 1932 e 1933, se orixinou en toda Galicia. Aínda que dun carácter interclasista declarado fomentaron a afiliación do sector obreiro. A directiva estaba formada por mulleres pertencentes a familias dun nivel social e economicamente alto. A súa fundadora e presidenta foi Mercedes Sánchez Arrieta, unha personaxe fundamental para a comprensión do movemento católico galego da época. A Agrupación Femenina de Lugo abrangueu toda a provincia e artellouse nunha ampla rede de delegacións comarcais, municipais e parroquiais. Desenvolveu unha importante actividade, coa continua celebración de mitins e actos sociais e políticos. Esta grande actividade debeuse, en gran medida,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada na Coruña o 9 de abril de 1933, previa disolución, ese mesmo día, do subcomité coruñés da denominada Liga Internacional de Mujeres Ibéricas e Hispano-Americanas y Cruzada de Mujeres Españolas, que se creara o 1 de xullo de 1932. Acollía a mulleres pertencentes á burguesía ilustrada coruñesa. Foi presidida por Elvira Bao de Varela, era secretaria Amparo López Jean, que sería socia das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista, e presidenta da organización en 1934. Nos seus estatutos, aparecen como obxectivos: “Contribuír por todo medio lícito ao triunfo da paz e fraternidade humana, da xustiza social e da democracia, defender o réxime republicano, defender os dereitos femininos dese momento e traballar polos non recoñecidos aínda, impulsar a cultura, especialmente a feminina, practicar a beneficencia e a asistencia social, procurar lecer ás asociadas, etc”. A Agrupación declarou que non estaba afiliada a ningún partido político pero actuaría con tendencia francamente...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido non esencial, apolar, con CH3no grupo R, de símbolo Ala e denominado tamén ácido aminopropiónico. Intervén de maneira importante no intercambio de metabolitos entre o músculo e o fígado, é un constituínte básico de moitas proteínas e ten unha destinación catabólica glucoxénica. Distínguese a α-alanina e a β-alanina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aloanticorpo que in vitro manifesta unha reacción de aglutinación cando se fixa sobre o antíxeno correspondente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cristais illados do macerado de diferentes ranunculáceas. Do seu glicósido (ranunculina) obtense a protoanemonina, líquido de cheiro penetrante de propiedades bacteriostáticas.
-
-
Lugar destinado ás aves para que poidan poñer os ovos.
-
Ovo que queda no niño para que a galiña poña máis alí.
-
-
-
Que aniña.
-
Ovo que se deixa no niño para que a galiña siga a poñer máis nese lugar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que aniña.
-
-
Agocharse unha ave, especialmente a galiña, no seu niño para pór ovos.
-
Facer niño, especialmente as aves, ou vivir habitualmente nun determinado lugar.
-
Estar unha ave no niño a chocar os ovos ou acubillando os pitos.
-
Agocharse dobrando as pernas e sentándose enriba dos calcañares.
-
Estar ou formarse algo dentro dunha persoa.
-
Colocar unha estrutura dentro doutra estrutura do mesmo tipo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente que evita a implantación do óvulo fecundado na parede da matriz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que evita a aniñación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dun grupo de pigmentos vexetais que proporcionan as coloracións vermellas, moradas e azuis das flores, de moitos froitos e dalgunhas follas, cortizas e raíces. Están constituídas por mono e diglicósidos dunha antocianidina, illable por hidrólise ácida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aglucona da apiína que se presenta en forma de cristais amarelos insolubles en auga e solubles en álcalis, que se funden a 345-350°C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido esencial para o crecemento, glucoformador, fortemente básico (pK1 = 2,18), constituínte universal das proteínas, preséntase particularmente en proporcións moi elevadas (ata cerca do 75%) nas protaminas. A súa amida fosfórica é o fosfáxeno dos músculos de certos invertebrados. A forma natural L (+) obtense facilmente hidrolizando a xelatina e precipitándoa en forma de flavina pouco soluble.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Autoanticorpo que aglutina in vitro os propios eritrocitos do individuo.
-
CORDILLEIRAS
Cordilleira dos Alpes, no cantón de Graubünden (Grigioni), Suíza, entre os vales altos do Adda e do Inn. A liña de cristas fai de fronteira entre Italia e Suíza. A primeira ascensión ao Piz Bernina, o cumio máis alto dos Alpes orientais (4.049 m de altitude), foi levada a cabo en 1850.
VER O DETALLE DO TERMO