alanina

alanina

(< fr alanine)

s f [BIOQ]

Aminoácido non esencial, apolar, con CH3no grupo R, de símbolo Ala e denominado tamén ácido aminopropiónico. Intervén de maneira importante no intercambio de metabolitos entre o músculo e o fígado, é un constituínte básico de moitas proteínas e ten unha destinación catabólica glucoxénica. Distínguese a α-alanina e a β-alanina.

Palabras veciñas

Alandra | Alange | alangrear | alanina | Alanis | Alanís | alano -na