Alanis

Alanis
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe natural dos arredores de León. Desde aquí pasou a Galicia e aséntase no concello de Monterrei. A rama galega trae escudo cuarteado: primeiro, en campo de goles, un castelo de prata almeado; segundo, en campo de azur, lúa crecente de prata; terceiro, en campo de sinople, un león rampante da súa cor natural; cuarto, en campo de goles, unha lanza de ouro coa punta de ferro. Outra variante leva en campo de ouro, unha banda de goles, engolada en bocas de serpe da mesma cor, ou de ouro as cabezas da serpe, segundo algúns investigadores. Bordo de azur con nove aspas de ouro, tres en xefe, dúas en cada flanco e unha en punta.

Palabras veciñas

Alange | alangrear | alanina | Alanis | Alanís | alano -na | alantocorion