arxinina

arxinina
Nome científico: [ácido 1-amino -4 -guanidino -valérico: H<sub> 2</sub> N-C(=NH)-NH-CH<sub> 2</sub> CH<sub> 2</sub> CH<sub> 2</sub> CH (NH<sub> 2</sub> )COOH]
s f [BIOQ]

Aminoácido esencial para o crecemento, glucoformador, fortemente básico (pK1 = 2,18), constituínte universal das proteínas, preséntase particularmente en proporcións moi elevadas (ata cerca do 75%) nas protaminas. A súa amida fosfórica é o fosfáxeno dos músculos de certos invertebrados. A forma natural L (+) obtense facilmente hidrolizando a xelatina e precipitándoa en forma de flavina pouco soluble.

Palabras veciñas

Arximiro, santo | arxina | arxinasa | arxinina | arxiria | Arxirio | arxirismo