arxina
-
s
m
[ETN/LING]
Léxico gremial dos antigos canteiros pontevedreses. Este léxico recibe, entre outras, as seguintes denominacións: latín dos canteiros, verbo dos arxinas, xerga, xalrar ou xerdir en verbo e a verba dos buxas. Coñécese en gran parte, non só por ser recollido por varios estudiosos, senón tamén porque aínda o usan os pedreiros actuais. O feito de non ser coñecida esta linguaxe nin, polo tanto, o seu estudo lingüístico débese á resistencia e prohibición (primeiro do gremio e logo da Sociedade de Canteiros) de ensinalo a persoas alleas ao oficio. Tanto quen o utiliza como os estudiosos que del se ocuparon, coinciden en que se trata dun modo de expresión moi antigo. Algúns queren ver a súa orixe nos restos dunha lingua prerrománica galega, outros opinan que se trata dunha linguaxe gremial que recibiu achegas do éuscaro debido a que os grupos de canteiros de Trasmiera, os biscaíños, traballaron na reconstrución dos castelos derrubados polos Irmandiños e no levantamento de templos, pazos e outros monumentos de Galicia.
-
s
m
Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘canteiro, compañeiro’.
-
s
m
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde ás voces ‘amo, patrón, xefe’.
-
s
m
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘canteiro’.