arxiloso -sa
arxiloso -sa
(
-
adx
Que contén arxila ou é abundante en arxila.
-
adx
Semellante á arxila.
-
estrutura arxilosa
[XEOL]
Estrutura das rochas sedimentarias formadas por depósitos acuosos e elementos moi pequenos e de variada composición mineralóxica e química, como nas margas.
-
solo arxiloso
[XEOL]
Solo cunha proporción de arxila superior ao 30%. Corríxense os solos arxilosos mediante a adición de area -que os fai máis porosos-, cal vivo ou varredallas (para diminuír a cohesión entre as partículas), materia orgánica (co fin de rebaixar a tenacidade do solo) ou facendo formigueiros.