"Nova Galicia" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Bos Aires a partir do 6 de outubro de 1901. Editouse baixo os subtítulos “Decano de la prensa gallega y el más popular de América” e “Periódico Semanal de los Gallegos”, entre outros. Fundado e dirixido por Fortunato Cruces, realzou a cultura galega a través de artigos sobre a lingua, literatura, costumes, historia e música galegas e tamén tratou novas da actualidade de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se publicou en Bagnolet, preto de París, a partir de outubro de 1966. Subtitulada “Revista de cultura y política” e “Revista cultural e política”, funcionou como órgano de expresión do Partido Comunista de Galicia. Como directores da publicación figuraron Isaac François e M. Albert Coninck, nomes fiticios de Santiago Álvarez. Recolleu numerosas colaboracións de escritores galegos aínda que todos eles baixo pseudónimo, como Alonso Montero, Francisco Añón, Neira Vilas ou Celso E. Ferreiro. A súa distribución efectuouse en España, en Francia, en Bélxica, en Suíza, na República Federal Alemana, en Inglaterra, na URSS e en diversos países americanos. Legalizado o partido, a editorial Akal editou a revista como publicación da organización política, cun primeiro volume que saíu en 1977.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial que se creou en Vigo en 1984 co obxectivo de espallar a cultura galega. Dirixida por Carlos del Pulgar, dedícase á publicación de libros de arte en todas as súas manifestacións, así como á recuperación de documentos históricos sobre Galicia para a súa edición facsimilar. En 1997 iniciou o proxecto Artistas Galegos, unha colección de 27 volumes onde se recollen as obras e os artistas máis importantes do ámbito galego. Desde 2000 realiza as edicións en galego e portugués da colección Nova Galicia Arte, compilación de monografías dos pintores máis importantes da historia universal, dirixida por Antón Pulido. Destacan as súas coleccións A Nosa Terra 1916-1936, A Nosa Terra Exilio 1942-1972, O Tio Marcos d’a Portela e Nós.

    VER O DETALLE DO TERMO