Nova Galicia Edicións
Nova Galicia Edicións
Editorial que se creou en Vigo en 1984 co obxectivo de espallar a cultura galega. Dirixida por Carlos del Pulgar, dedícase á publicación de libros de arte en todas as súas manifestacións, así como á recuperación de documentos históricos sobre Galicia para a súa edición facsimilar. En 1997 iniciou o proxecto Artistas Galegos, unha colección de 27 volumes onde se recollen as obras e os artistas máis importantes do ámbito galego. Desde 2000 realiza as edicións en galego e portugués da colección Nova Galicia Arte, compilación de monografías dos pintores máis importantes da historia universal, dirixida por Antón Pulido. Destacan as súas coleccións A Nosa Terra 1916-1936, A Nosa Terra Exilio 1942-1972, O Tio Marcos d’a Portela e Nós.