"Novgorod" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia (1.343.000 h [2000]). Está situada na beira dereita do Volga, na confluencia co río Oka, nun dos grandes núcleos industriais de Rusia, coñecido antes da Revolución de 1917 polas súas feiras. No complexo industrial da cidade destaca a construción de automóbiles, os estaleiros e a construción de máquinas e de motores. Fundouse en 1221 e foi un punto estratéxico na loita contra os búlgaros. Desde 1350 foi a capital do Principado de Suzdal-Nizegorod e en 1392 ocupárona os príncipes de Moscova. Durante séculos foi o centro comercial máis destacado de Rusia, pero decaeu despois da revolución dos bolxeviques. Entre 1932 e 1992 denominouse Gor’kij, na honra deste escritor. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral da Transfiguración (s XIII) e a dos Arcanxos (s XVII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (74.800 km2; 3.687.300 h [estim 1999]). A capital é Nižnij Novgorod.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia (232.000 h [1997]). É un porto fluvial en Volkhov e nó ferroviario. O núcleo industrial, que achega un terzo da produción da oblast’, está situada preto de San Petersburgo, e facilita o crecemento e a cooperación entre as diversas industrias. A maioría das fábricas son posteriores á Segunda Guerra Mundial. Dada a súa riqueza, en tanto que relacionaba os portos bálticos cos do Mar Negro, foi ocupada por Rurik (850?), iniciador da dinastía dos duques rusos. Para manter a independencia contra a ameaza de Moscova (s XII), recorreu aos duques de Suzdal e ao rei de Lituania. Saqueada por Vasil’evič de Moscova (1471) e castigada por Iván IV de Rusia (1570), foi destruída por un incendio (1611). Centro maior da arquitectura medieval, as súas igrexas de Santa Sofía, San Nicolao, San Xurxo e a Transfiguración, pertencen ao segundo período do estilo ruso-bizantino (ss XI-XII). Destaca a súa escola iconográfica (ss XII-XIV). Os monumentos históricos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (55.300 km2; 734.000 h [estim 1999]). A capital é Novgorod.