Novgorod

Novgorod

Capital da oblast’ homónima, Rusia (232.000 h [1997]). É un porto fluvial en Volkhov e nó ferroviario. O núcleo industrial, que achega un terzo da produción da oblast’, está situada preto de San Petersburgo, e facilita o crecemento e a cooperación entre as diversas industrias. A maioría das fábricas son posteriores á Segunda Guerra Mundial. Dada a súa riqueza, en tanto que relacionaba os portos bálticos cos do Mar Negro, foi ocupada por Rurik (850?), iniciador da dinastía dos duques rusos. Para manter a independencia contra a ameaza de Moscova (s XII), recorreu aos duques de Suzdal e ao rei de Lituania. Saqueada por Vasil’evič de Moscova (1471) e castigada por Iván IV de Rusia (1570), foi destruída por un incendio (1611). Centro maior da arquitectura medieval, as súas igrexas de Santa Sofía, San Nicolao, San Xurxo e a Transfiguración, pertencen ao segundo período do estilo ruso-bizantino (ss XI-XII). Destaca a súa escola iconográfica (ss XII-XIV). Os monumentos históricos da cidade foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1992).