"Nueva Aurora" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Sindicato anarquista fundado en 1916 por algunhas traballadoras da fábrica de tabacos da Coruña. Malia contar sempre cun pequeno número de afiliadas protagonizou duros enfrontamentos sindicais como o que tivo lugar no verán de 1917 como consecuencia do non entendemento entre o sindicato maioritario na fábrica de tabacos, a Unión Tabacalera, e as súas afiliadas. Desapareceu durante a represión sindical da Ditadura de Primo de Rivera, pero volveu formarse en 1930 cunha importante presenza de mecánicos e oficinistas da fábrica que anteriormente pertenceran a Unión Tabacalera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir de 1919, que cesou en 1923. Xurdiu da fusión entre Aurora Roja e Acción Obrera. Editado nos obradoiros tipográficos de El Pueblo, tivo como directores sucesivos a Ramiro Paz, Francisco Tilve e Francisco Otero. Tivo unha primeira época de tendencia socialista ata que en 1921 se converteu nunha das publicacións do Partido Comunista. No primeiro período incluíu información e documentos sobre o PSOE e UGT, artigos teóricos, poesía social e manifestou unha fonda preocupación pola política municipal. O seu obxectivo era gañar aceptación entre a clase obreira e fortalecer a presenza do Partido Socialista na sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO