Nueva Aurora
Nueva Aurora
Sindicato anarquista fundado en 1916 por algunhas traballadoras da fábrica de tabacos da Coruña. Malia contar sempre cun pequeno número de afiliadas protagonizou duros enfrontamentos sindicais como o que tivo lugar no verán de 1917 como consecuencia do non entendemento entre o sindicato maioritario na fábrica de tabacos, a Unión Tabacalera, e as súas afiliadas. Desapareceu durante a represión sindical da Ditadura de Primo de Rivera, pero volveu formarse en 1930 cunha importante presenza de mecánicos e oficinistas da fábrica que anteriormente pertenceran a Unión Tabacalera.