Nueva Aurora
Nueva Aurora
Semanario publicado en Pontevedra a partir de 1919, que cesou en 1923. Xurdiu da fusión entre Aurora Roja e Acción Obrera. Editado nos obradoiros tipográficos de El Pueblo, tivo como directores sucesivos a Ramiro Paz, Francisco Tilve e Francisco Otero. Tivo unha primeira época de tendencia socialista ata que en 1921 se converteu nunha das publicacións do Partido Comunista. No primeiro período incluíu información e documentos sobre o PSOE e UGT, artigos teóricos, poesía social e manifestou unha fonda preocupación pola política municipal. O seu obxectivo era gañar aceptación entre a clase obreira e fortalecer a presenza do Partido Socialista na sociedade.