Nueva Cañiza
Nueva Cañiza
Semanario publicado na Cañiza a partir de 1927, baixo os subtítulos “Semanario local independiente, defensor de los intereses de la comarca” e “Semanario local independiente, defensor de los intereses obreros y agrarios de la comarca”. Cesou o 29 de novembro de 1931. Editado nos obradoiros de El Ribadaviense, estivo dirixido por Xerardo Fuertes Gómez. Foi unha publicación local que ofreceu información da vila e das poboacións do redor, ademais de crónicas dos emigrantes en Bos Aires ou Rio de Janeiro. De tendencia progresista, apoiou a República e defendeu o Estatuto de Autonomía.