"Oín" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 202.
-
PERSOEIRO
Científico nado en Irlanda pero de orixe e educación francesas. Estudiou o magnetismo terrestre e realizou co seu irmán, Arnaud Michel d’Abbadie estudios xeodésicos, filolóxicos, lexicográficos e xeográficos en Etiopía (1837-1848).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica que pode presentar a variante gráfica Abuín. O lugar de Abuín, da parroquia de Dena do concello de Meaño procede, á súa vez, do xenitivo latino do nome do posesor Avolinus (xenit Avolini ‘de Avolino’).
-
Liñaxe procedente de Portugal que se estableceu en Galicia. A Mariano Aboín e García foille concedido o título de conde de Montefrío en 1876. As súas armas presentan escudo cuarteado levando, o primeiro e o cuarto, axadrezado de ouro e azur e, o segundo e o terceiro, tres paos de azur en campo de ouro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aciloína derivada do ácido acético. Fórmase en diversas fermentacións e en particular na fermentación láctica. Considerada inocua, emprégase como vehículo de recendos e esencias alimentarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico das α-hidroxicetonas. A súa fórmula xeral é RCH(OH)-COR, na que R é un radical alquilarilo ou heterocíclico. As aciloínas denomínanse engadindo o sufixo -oína á raíz do nome do ácido RCOOH correspondente. Poden ser preparadas por diferentes métodos, entre os que están as condensacións aciloínica e benzoínica. As súas propiedades xerais son as dos alcohois e das cetonas.
-
-
Relativo ou pertencente ás aciloínas.
-
Reacción de formación de aciloínas por acción do sodio sobre os ésteres en solventes apróticos. É especialmente interesante para a formación de grandes ciclos a partir de diésteres de ácidos dicarboxílicos.
-
-
PERSOEIRO
Independentista cubano. Estudiou leis e uniuse a Céspedes contra os españois (1868). Redactou a primeira Constitución da República Cubana (1869). No 1870 foi o xefe das tropas rebeldes. Morreu en acción de guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produto de oxidación do ácido úrico, de fórmula C4H6N4O3 que, nos mamíferos distintos dos primates, incluíndo a especie humana, é o termo final do catabolismo das purinas. Atópase nos seus ouriños e tamén en numerosos vexetais.
-
PERSOEIRO
Rei longobardo (561-572), fillo de Andoino. Reinou na Nórica e na Panonia. Casou con Clotsinda, filla de Clodoveo, e despois con Rosamunda, filla de Cunimundo. No 568 tomou Venecia, Milán e, no 572, Pavía, que converteu en capital do seu Reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Almuíña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Almuíña.
-
GALICIA
Escritor e político español. Escribiu diversos estudos, como Monumentos históricos y artísticos de Benavente (1935), La biblioteca erasmista de Diego Méndez (1945) e Yo fui secretario de Trujillo (1950). Publicou artigos na revista Galicia do Centro Galego de Montevideo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Colaborou sobre temas da súa especialidade en La Idea Moderna. Publicou o folleto de divulgación La profilaxis venérea en el Ejército. Higiene social (1909).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Almuíña.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de València, situado 2,5 km ao S de Gandía (1.759 h [1996]). Monocultivo da laranxa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principio activo que se extrae do áloe de propiedades laxantes, colagogas e estomacais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do organismo que é consecuencia da introdución dun novo aloantíxeno celular ou plasmático. Pódese producir no embarazo (aloinmunización feto-materna), por unha transfusión sanguínea ou pola implantación dun enxerto orgánico.
-
PERSOEIRO
Rei de Merina, en Madagascar. Soberano de Ambohimanga (1787), reforzou a súa autoridade, reorganizou a administrición, impulsou o funcionamento das asembleas de anciáns e reformou o sistema fiscal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos angloindios.
-
Británico nado ou instalado na India durante o período de dominación británica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parte anterior e inferior dun corpo ou obxecto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parte anterior e interna dun corpo ou obxecto.