Aboín
Aboín
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica que pode presentar a variante gráfica Abuín. O lugar de Abuín, da parroquia de Dena do concello de Meaño procede, á súa vez, do xenitivo latino do nome do posesor Avolinus (xenit Avolini ‘de Avolino’).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe procedente de Portugal que se estableceu en Galicia. A Mariano Aboín e García foille concedido o título de conde de Montefrío en 1876. As súas armas presentan escudo cuarteado levando, o primeiro e o cuarto, axadrezado de ouro e azur e, o segundo e o terceiro, tres paos de azur en campo de ouro.