Aboín

Aboín
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica que pode presentar a variante gráfica Abuín. O lugar de Abuín, da parroquia de Dena do concello de Meaño procede, á súa vez, do xenitivo latino do nome do posesor Avolinus (xenit Avolini ‘de Avolino’).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe procedente de Portugal que se estableceu en Galicia. A Mariano Aboín e García foille concedido o título de conde de Montefrío en 1876. As súas armas presentan escudo cuarteado levando, o primeiro e o cuarto, axadrezado de ouro e azur e, o segundo e o terceiro, tres paos de azur en campo de ouro.

Palabras veciñas

aboiado -da | 1 aboiar | 2 aboiar | Aboín | aboís | Aboisso | aboitega