aciloína

aciloína
s f [QUÍM]

Nome xenérico das α-hidroxicetonas. A súa fórmula xeral é RCH(OH)-COR, na que R é un radical alquilarilo ou heterocíclico. As aciloínas denomínanse engadindo o sufixo -oína á raíz do nome do ácido RCOOH correspondente. Poden ser preparadas por diferentes métodos, entre os que están as condensacións aciloínica e benzoínica. As súas propiedades xerais son as dos alcohois e das cetonas.

Palabras veciñas

acilia | Acilia | acilo | aciloína | aciloínico -ca | Acima | Acimar