Acilia

Acilia

Gens de orixe plebea romana á que pertencían os seguintes persoeiros: Mano Acilio Glabrión (201-191 a C), tribuno da plebe e vencedor de Antioco III de Siria na batalla das Termópilas; Acilio Gaio Glabrión , filósofo, introduciu as ideas gregas en Roma contra o ano 150 a C; Mano Acilio Glabrión, pretor (70 a C), cónsul (67 a C) e Gobernador de Bitinia, loitou contra Mitridates III, rei dos partos; e Mano Acilio Glabrión , cónsul con Traxano (91 d C), condenado por Domiciano por se converter ao Cristianismo. Dende ese momento a familia posuíu un hipoxeo no cemiterio de Priscila. Ata a metade do s III foron moitos os familiares do mesmo que acadaron o título de cónsul.

Palabras veciñas

acilar | acilcoenzima A | acilia | Acilia | acilo | aciloína | aciloínico -ca