"Oñati" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
VER O DETALLE DO TERMO
+ -ico ‘relativo a’)
-
-
Relativo ou pertencente ao conato.
-
Aplícase á forma verbal que expresa a idea de esforzo que require a acción. Así, o latín ademais da forma parire (‘parir’), ten a forma conativa partiture (‘ter dores de parto’).
-
Termo empregado por K. Bühler para designar a función da linguaxe presente nas mensaxes que teñen como finalidade chamar a atención do receptor a través dunha apelación, dunha orde, dunha recomendación ou dunha prohibición, ou para modificar a súa conduta. Tamén se coñece co nome de función apelativa.
-
-
PERSOEIRO
Político florentino. Líder do partido dos güelfos negros, foi desterrado no 1300. Apoiado por Bonifacio VIII, regresou a Florencia (1301) e instaurou unha ditadura. Foi combatido pola oligarquía mercantil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor italiano. Trasladouse a EE UU en 1934 e estudiou na New School for Social Research e na Art Student’s League de Nova York. Uniuse aos surrealistas e participou na Exposition Internationale du Surréalisme de París (1914). Na década dos 40 achegouse ao construtivismo e nos 50 interesouse polos fósiles na serie Moonscapes (Paisaxes lunares).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo italiano. Descubriu seis cometas, entre eles o 1858 VI. Foi un dos primeiros en investigar os espectros estelares para determinar a composición dos astros. A partir do 1864 aplicou o mesmo método ao estudo dos cometas, e concluíu, de xeito erróneo, que a materia da que se constituían estaba en estado gasoso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Herexía estendida entre a Igrexa norteafricana durante o s IV. Apareceu pola oposición dalgúns dos bispos de Numidia ao nomeamento de Ceciliano como bispo de Cartago, pois foi consagrado por Fiz de Aptonga, considerado como un dos “traidores” que colaboraron con Diocleciano. Consecuentemente, xurdiu o cisma cando se formou un concilio de setenta bispos de Numidia, que depuxeron a Ceciliano e o substituíron por Maiorino. No 315 Donato foi elixido sucesor de Maiorino e a herexía estendeuse, mentres os donatistas perseguiron os católicos e destruíron os seus templos. A súa doutrina sostiña que a Igrexa visible estaba formada unicamente polos xustos e santos, e que os sacramentos carecen de validez se son administrados por un ministro indigno. O donatismo adquiriu tamén un matiz de loita social cando os campesiños, sometidos a pesadas cargas contributivas e vexacións, tomaron o partido donatista e saquearon as facendas e vivendas dos cristiáns ricos. A Donato sucedeuno Parminiano, entre o 355...
-
-
Relativo ou pertencente ao donatismo.
-
Partidario do donatismo.
-
-
-
Acción de doar.
-
Aquilo que se dá de forma gratuíta, especialmente para fins culturais ou benéficos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio que recibían os soldados no Imperio Romano como recompensa ás súas vitorias e para atraer a súa vontade. Durante o Imperio fíxose frecuente que os emperadores outorgasen este premio e, cando o exército se converteu na vía para acceder á dignidade imperial, os candidatos concedíanlles este premio ás súas tropas para gañar a súa fidelidade.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Gipuzkoa, Euskadi, situado no val de Deva (10.705 h [2001]). É un núcleo industrial de metalurxia, alimentación, manufacturas da madeira e curtidos. Durante as guerras carlistas aloxou a imprenta e a ceca dos carlistas. En 1542 o bispo Rodrigo Mercado de Zuazola fundou a universidade do Sancti Spiritus que funcionou ata 1901. Ademais destaca a igrexa gótica de San Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, marqués de Sade. Desde 1768, a súa vida quedou marcada polo escándalo e a prisión; e en 1794 comezou a publicación dalgunhas obras escritas en etapas de cautividade como Justine ou les malheurs de la vertu (1791), La philosophie dans le boudoir (1795) e La nouvelle Justine, suivie de l’histoire de Juliette, sa soeur (1797). Unha boa parte da súa produción non foi publicada ata o s XX como Historiettes, contes et fabliaux (1926) e Les cent vingt journées de Sodome (1931-1935), ademais de cartas e doutros escritos inéditos. O comportamento erótico de moitos dos seus personaxes deu lugar ao termo sadismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composición instrumental de forma e carácter semellantes aos da sonata, pero máis breve e sinxela, que apareceu nos países xermánicos na segunda metade do s XVII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus solar dos aztecas, representado como un astro en forma de centros concéntricos con aspas triangulares. Tiña un templo propio no recinto de Tenochtitlan servido por cabaleiros sacerdotes.