"OACI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 31.

  • Nome que recibe a dirección das correntes mariñas que hai que seguir na pesca ó xeito para evitar que o barco vire cara ao aparello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido aldónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia orgánica que ten polo menos unha función ácido carboxílico e unha función amina. Constitúen as unidades estruturais fundamentais das proteínas unidos entre eles por enlaces peptídicos. Os aminoácidos naturais son todos α e, agás a glicina, son opticamente activos. A reacción de identificación máis importante dos aminoácidos é a da ninhidrina. A determinación cuantitativa adoítase realizar mediante a valoración ao formol de Sørensen ou polo método de Van Slyke. Os métodos de fraccionamento, como a cromatografía sobre papel, permiten determinar os aminoácidos presentes nunha mestura. Oito dos vinte e un aminoácidos presentes nas proteínas animais (valina, leucina, isoleucina, treonina, metionina, lisina, fenilalanina e triptófano) denomínanse aminoácidos esenciais , porque non se poden biosintetizar e teñen que incluírse obrigatoriamente na dieta. Os procesos metabólicos xerais dos aminoácidos son, por unha banda, as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza ocasionada polo trastorno do metabolismo dun aminoácido. Coñécense aproximadamente un centenar de doenzas relacionadas; as máis destacadas son a cistinuria, a alcaptonuria e o albinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto que resulta da reacción entre o aminoaciladenilato e o RNAt adecuado. Esta reacción está catalizada pola enzima aminoacil-RNAt-sintetasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto activado que, durante a síntese de proteínas, actúa como intermediario na formación dun enlace covalente entre un aminoácido e o seu RNAt aceptor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radical que provén dun aminoácido que perdeu o hidroxilo do grupo carboxilo -COOH.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha da vintena de enzimas que se activan especificamente co obxectivo de formar un composto aminoaciladenilato na etapa inicial da síntese de proteínas. Estas enzimas catalizan a reacción dun aminoácido específico co ATP para producir aminoacil-AMP ou aminoácido activado e pirofosfato, e tamén a transferencia do aminoácido activado ao RNA transferente específico para producir aminoacil-RNAt e AMP libres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que manifesta propiedades ácidas no amoníaco líquido. Os sales amónicos son amonoácidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido carboxílico cunha ou máis funcións cetónicas. As súas propiedades varían en relación coa distancia relativa das súas funcións osixenadas. Así, os α-cetoácidos presentan as reaccións dos grupos carboxilo e carbonilo, e os β-cetoácidos teñen un comportamento análogo ás 1,3-dicetonas e son moi inestables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia na que se reúnen algúns estados pertencentes ás Nacións Unidas para tratar diferentes aspectos relacionados coa situación da poboación do planeta e onde se ofrecen as pautas a seguir en política demográfica. A I Conferencia Internacional de Poboación tivo lugar en Roma en 1954, e a II Conferencia en Belgrado, en 1965. Na III Conferencia, levada a cabo en Bucarest en 1974 (Ano Mundial da Poboación), os países desenvolvidos presentaron o Plan de Acción Mundial sobre Poboación, baseado nun maior control da natalidade, coa intención de frear a desmesurada explosión demográfica mundial. Os países desenvolvidos opuxéronse ao plan por considerar que atribuía á superpoboación as causas do subdesenvolvemento, orixinado en realidade pola explotación dos países pobres por parte dos ricos. A IV Conferencia tivo lugar en México en 1984, e a V Conferencia no Cairo en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torneo de fútbol que se disputou en 1902 dentro do programa de festexos organizados para celebrar a coroación do Rei Afonso XIII. Constituíu o primeiro campionato de España da modalidade. Na final, celebrada no hipódromo de Madrid, impúxose o Bizcaya (equipo creado para a ocasión con xogadores dos clubes bilbaínos do Athletic Club e do Bilbao), que venceu por 2-1 ao FC Barcelona. O éxito da iniciativa animou a celebrar novas edicións anuais e instituír un campionato de España de clubs, que adoptou diversas denominacións ao longo da historia, de acordo coas vicisitudes políticas polas que atravesou o país; deste xeito, ata a tempada 1930-1931 denominouse Copa da Súa Maxestade o Rei, entre 1931 e 1936 Copa do Presidente da República, entre 1939 e 1976 Copa do Xeneralísimo, para volver á denominación de Copa da Súa Maxestade o Rei en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de coroar ou coroarse.

      2. Cerimonia de imposición da coroa a un soberano. Trátase dun acto de carácter público e solemne que, en xeral, forma parte da entronización. A súa orixe está na unción dos reis de Israel narrada no Antigo Testamento, aínda que se considera que o primeiro soberano coroado foi o Emperador Constantino. Nos países de tradición cristiá tiña, en parte, un carácter litúrxico e estaba precedida pola consagración ou unción. A coroación introduciuse na corte bizantina cara á segunda metade do s V e practicouse despois, seguindo o seu exemplo, na corte visigótica e na corte carolinxia. O carolinxio Pipino o Breve foi coroado en dúas ocasións (751 e 754), e Carlomagno foi coroado polo papa o 25 de decembro do ano 800, aínda que previamente, no 774, xa fora coroado como rei dos longobardos coa coroa de ferro. Dende aquela, a coroación dos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico realizouna o papa. Os visigodos incluíron no cerimonial da coroación a unción e os ritos do Antigo...

      3. Cerimonia na que se coroa a alguén, especialmente a un poeta.

    1. Remate dunha cousa material ou inmaterial.

    2. Motivo ornamental que remata algunha cousa, especialmente un edificio.

      1. coroación da virxe

        Iconografía que representa a coroación da Virxe por Deus, Cristo, a Trindade ou os anxos. Trátase dunha temática presente no ciclo iconográfico da vida da Virxe. Cultivárona, entre outros, Giotto, frei Angelico, Filippo Lippi, Rafaello Sanzio, Rubens, o Greco e Velázquez.

      2. coroación de espiñas

        Iconografía que representa o momento da imposición da coroa de espiñas a Xesús. Tratáse dunha temática moi presente na tradición artística occidental como unha das pasaxes do ciclo da paixón, presente en moitos retablos e pinturas. Cultivárona, entre outros, Giotto, frei Angelico, o Bosco, Tiziano, Caravaggio e Tintoretto. Unha variedade do tema é o Ecce Homo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa suroriental, situado na península dos Balcáns, que forma un arco desde o Danubio ao NL ata Kotorska ao SL, e que limita con Hungría, Iugoslavia e Bosnia-Herzegovina, atravesado por unha estreita franxa na costa adriática, para permitir paso ao mar a Bosnia-Herzegovina. Limita con Eslovenia ao NO e co Mar Adriático ao O (56.610 km2; 4.481.000 h [1998]). Esténdese entre os 47° e os 42° de latitude N e os 13° e os 19° de lonxitude L. A súa capital é Zagreb.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    O relevo caracterízase pola súa diversidade, e del destacan as chairas de Panonia ao L e os Alpes Dináricos, que atravesan o país de NO a SL. A costa está formada por materiais calcarios, invadidos polo mar e parcialmente somerxidos, feito que explica os numerosos golfos, baías e máis de 600 illas, das que cómpre salientar as de Krk, Cres, Dugi, Brač, Hvar, Korčula e Pelješac. O sector setentrional de Croacia comprende...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desentoar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariación da frecuencia fundamental (ton) entre os diferentes sons lingüísticos que forman un enunciado, que produce unha impresión auditiva semellante ao dunha melodía. O ton, a duración e a intensidade dos diferentes sons dunha secuencia constitúen os trazos prosódicos ou suprasegmentais; esta designación fai referencia a que, en linguas coma o galego, o valor de calquera destas variables non é relevante en cada segmento fónico de forma illada, senón que o é a variación ou o contraste que se produce entre uns segmentos e outros nunha cadea fónica. O estudo da entoación é unha materia complexa e ten sido abordado desde diferentes perspectivas, non sempre compatibles. Segundo a perspectiva que se adopte, distínguense diferentes unidades ou ámbitos de entoación e diferentes trazos relevantes. En calquera caso, na maioría das aproximacións considéranse lingüisticamente relevantes certos movementos da frecuencia fundamental, como ascensos marcados do ton en certas sílabas (o acento de entoación,...

      1. Forma de emitir a voz humana unha nota musical. Pode ser xusta, cando a nota ten a altura exacta prevista, e falsa, cando é máis alta ou máis baixa.

      2. Ton que se adopta ao comezar a cantar un fragmento musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta da acidez normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido carboxílico con un ou máis grupos imino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de incoar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á base ou ao alcohol que posúe un grupo hidroxilo que pode reemprazar un átomo de hidróxeno dun ácido.

    VER O DETALLE DO TERMO