cetoácido
cetoácido
(< 2 ceto- + ácido)
s
m
[QUÍM]
Ácido carboxílico cunha ou máis funcións cetónicas. As súas propiedades varían en relación coa distancia relativa das súas funcións osixenadas. Así, os α-cetoácidos presentan as reaccións dos grupos carboxilo e carbonilo, e os β-cetoácidos teñen un comportamento análogo ás 1,3-dicetonas e son moi inestables.