"OCU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 150.

    1. Relativo ou pertencente aos cubanos de orixe africana, transportados como escravos a Cuba dende principios do s XVI ata finais do XIX.

    2. Conxunto de sistemas relixiosos organizados por grupos cubanos de orixe africana. Os cultos afrocubanos coñécense baixo a denominación de santería.

    3. Música popular propia de Cuba e dalgúns países do Caribe. A achega africana é moi forte en bailes como o bembé, a caringa ou a conga, nos instrumentos de percusión e no típico ritmo cubano, o cinquillo, que se segue tamén en Porto Rico, Haití e a República Dominicana. Moitas danzas cubanas de orixe hispánica, como o son, o bolero e outras, acusan unha forte influencia africana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención en forma de discurso ou exhortación, xeralmente breve, pronunciada por alguén dotado de autoridade ou discurso breve no que prevalecen os afectos ou a paixón. A alocución relaciónase coa proclama, unha serie de palabras dirixidas a un público co propósito de defender unha idea ou unha actitude política ou ideolóxica, e tamén coa arenga, exhortación de carácter militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • grandilocuencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • grandilocuente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa ou banco de nubes a uns 4.000 m de altitude, composto de masas globulares dispostas en grupos ou aliñadas nunha ou dúas direccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á estrutura ou órgano dividido en dous compartimentos, como é o caso das anteras da maioría das plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos dous ollos.

    2. Que emprega ambos os ollos ao mesmo tempo.

    3. Adaptado ao uso dos dous ollos ao mesmo tempo.

    4. Instrumento óptico que ten un ocular para cada ollo.

    5. isión na que se empregan os dous ollos. Provoca unha sensación de relevo debido a que as imaxes que se forman nos ollos son lixeiramente diferentes, dado que son tomadas desde puntos de vista que están algo separados, formando un ángulo que se coñece co nome de paralaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento óptico formado por dous tubos con lentes de baixa potencia, un para cada ollo, montados sobre un mesmo soporte; este soporte leva un sistema que permite graduar dun xeito simultáneo ou independente o enfoque das lentes de cada un dos tubos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cociñeiro francés, fundador da nouvelle cuisine. De formación clásica, en 1961 foi galardoado como mellor obreiro-cociñeiro de Francia. É coñecido pola práctica dunha cociña imaxinativa, que preserva a calidade natural dos alimentos tendo en conta as leis da Dietética. A súa obra A cociña do mercado definiu novos rumbos para a arte culinaria, nunha liña de cociña máis lixeira e que conserva o sabor propio dos ingredientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos botocudos.

    2. Individuo do pobo indio dos botocudos.

    3. Pobo indio do Brasil localizado preto do río Doce, nunha zona montañosa e selvática, entre os estados de Minas Gerais e Espírito Santo. Os botocudos viven da recolección e da caza, e o seu nivel tecnolóxico é moi baixo. Son animistas e falan unha lingua ge. Actualmente están case que extinguidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada pola sección de linguaxe administrativa dependente do Instituto da Lingua Galega (ILG) en Santiago de Compostela en 1986, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Consellería da Presidencia e distintos concellos galegos, de acordo co convenio asinado o 20 de decembro de 1984. Dirixido fundamentalmente aos servicios municipais de normalización das distintas administracións locais, saíron cando menos tres números entre os anos 1986 e 1988: o primeiro caderno titulouse “Patrimonio e Bens”, o segundo “Contratación” e o terceiro “Urbanismo”. Neles incluíase documentación e modelos para a elaboración de informes técnicos e xurídicos dos servicios públicos, dos bens patrimoniais, ditames das comisións e dos plenos, certificados, acordos dos plenos e das alcaldías, acordos de iniciación para expropiación forzosa e para ocupación privativa de dominio público, anuncios de licitación de obras e trámites para a solicitude de obras, entre outros. Amais, ao final...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, drenado polo río Guadalestón e accidentado pola serra da Alta Paloma (5.667 h [1996]). Presenta agricultura de secaño, sobre todo de cereais, e a industria baséase nas xeserías. Conserva a igrexa de San Pedro Apóstol (s XIV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro fundado no ano 1997 e dirixido por Mar Nogueira. Ten como obxectivos a reconstrución histórica de todas as actividades e espectáculos que realiza o IGAEM, a conservación do material e a creación dunha base documental. Entre as súas actividades tamén está a formación dunha biblioteca especializada de teatro, música e danza, destinada a arquivar tanto material escrito como gráfico e mesmo elementos visuais, como maquetas ou carteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘chocolate’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresión indirecta dunha idea, que utiliza máis palabras das necesarias para expresala directamente.

    2. Figura retórica que consiste na designación indirecta dunha realidade por medio dun rodeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nube alta en forma de manto ou banco cirroso, composta de pequenos nobelos brancos ou bólas moi pequenas, sen sombras. Os cirrocúmulos dispóñense en grupos, en ringleira ou formando pequenas ondas, e a súa concentración produce unha imaxe de ceo semellante á cardada. En xeral, representan un estado dexenerado dos cirros e dos cirrostratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie documental publicada entre 1842 e 1895, que consta de 113 volumes, máis dous índices aparecidos en 1930-1931. Foi dirixida por Martín Fernández de Navarrete, Miguel Salvá e Pedro Sáinz de Baranda e, posteriormente, por José Sancho Rayón, Francisco de Zabálburu e o marqués de Fuensanta del Valle. En xeral, ofrece numerosos documentos dos ss XVI e XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método bacteriolóxico que consiste no cultivo de materia fecal nun medio adecuado para identificar e illar cepas microbianas responsables dun determinado proceso patolóxico intestinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas perennes con bulbo da familia das iridáceas, ao que pertencen as tollemerendas e o azafrán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos da familia dos hiénidos ao que pertencen algunhas hienas.

    VER O DETALLE DO TERMO