binocular

binocular

(< lat binu ‘dobre’ + oculu‘ollo’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos dous ollos.

    Ex: Púxeronlle unha venda binocular.

  2. adx

    Que emprega ambos os ollos ao mesmo tempo.

    Ex: O camaleón ten un gran movemento binocular.

  3. adx

    Adaptado ao uso dos dous ollos ao mesmo tempo.

    Ex: Prefiro usar as lentes binoculares mellor ca as de contacto.

  4. adx [FÍS]

    Instrumento óptico que ten un ocular para cada ollo.

    Ex: Mercaron un novo microscopio binocular para o laboratorio.

  5. visión binocular [FÍS]

    isión na que se empregan os dous ollos. Provoca unha sensación de relevo debido a que as imaxes que se forman nos ollos son lixeiramente diferentes, dado que son tomadas desde puntos de vista que están algo separados, formando un ángulo que se coñece co nome de paralaxe.

    Ex: Coa pequena pantalla que ten a cámara de vídeo a visión é binocular.

Palabras veciñas

Binissalem | Binni, Walter | Binnig, Gerd | binocular | binóculo | binodal | binodo