Binni, Walter

Binni, Walter

Crítico e historiador da literatura. Profesor universitario e discípulo de A. Momigliano e L. Russo, deuse a coñecer con A poetica do decadentismo italiano (1936). A súa metodoloxía faise patente en Poetica critica e storia letteraria (Poética crítica e historia literaria, 1963). Ten numerosos e destacados estudios sobre diversas épocas da literatura italiana como Metodo e poesia di L. Ariosto (Método e poesía de L. Ariosto, 1947). Son fundamentais tamén os seus estudios sobre Leopardi.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Perugia, Italia