"OPEP" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • Nome xenérico dos enzimas proteolíticos de orixe gastrointestinal que hidrolizan péptidos, e que se caracterizan por catalizar a hidrólise dos enlaces peptídicos adxacentes ao grupo α-amino libre do péptido sobre o que actúan. Esta propiedade fainas moi útiles para establecer a secuencia dos aminoácidos dunha molécula proteica. Case todas son metaloenzimas. As aminopeptidasas comprenden a aminoacil-oligopéptidohidrolasa, a aminoacil-dipéptidohidrolasa e a leucin-aminopeptidasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos copépodos.

    2. Crustáceo da subclase dos copépodos.

    3. Subclase de crustáceos da clase dos maxilópodos. De pequeno tamaño, non superan as máis das veces os 3 mm. Posúen un corpo alongado e afiado no extremo inferior, sen caparazón, con cinco metámeros na cabeza, un tórax con sete metámeros -dos que o primeiro e, ás veces, o segundo se fusionan coa cabeza para formar o cefalotórax-, catro metámeros abdominais e mais un telson. Presentan anténulas unirrámeas e un par de antenas moi longas. Teñen catro pares de patas aplanadas que lles serven para remar e un quinto par de patas reducido, axudados polos oito apéndices aplanados do abdome que serven tamén como remos. Respira mediante unha transferencia directa entre o corpo do animal e o medio acuático. As femias levan sacos cos ovos no abdome. A larva é do tipo nauplio, e o adulto presenta un ollo sinxelo disposto en posición central e anterior da cabeza. Existen especies de vida libre, que poden chegar a constituír o organismo máis abundante do zooplancto e por tanto da vida nos ecosistemas acuáticos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzimas da clase das hidrolases que catalizan a escisión de unións peptídicas en posicións internas da cadea polipeptídica que constitúe a proteína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • enteroquinase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima da clase das hidrolases, que leva a cabo a separación dos aminoácidos dos extremos da cadea polipeptídica, mediante a escisión dos enlaces peptídicos das proteínas. A carboxipeptidase é un exemplo de exopeptidase que dixire as proteínas no intestino delgado. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dixestión deficiente que se debe a unha menor secreción de enzimas gástricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia formada por unhas poucas (10 como máximo) unidades de aminoácidos unidos mediante enlaces peptídicos. Pódense formar a partir das proteínas, por hidrólise parcial ou con enzimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de Países Exportadores de Petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO