aminopeptidasa

aminopeptidasa
s f [BIOQ]

Nome xenérico dos enzimas proteolíticos de orixe gastrointestinal que hidrolizan péptidos, e que se caracterizan por catalizar a hidrólise dos enlaces peptídicos adxacentes ao grupo α-amino libre do péptido sobre o que actúan. Esta propiedade fainas moi útiles para establecer a secuencia dos aminoácidos dunha molécula proteica. Case todas son metaloenzimas. As aminopeptidasas comprenden a aminoacil-oligopéptidohidrolasa, a aminoacil-dipéptidohidrolasa e a leucin-aminopeptidasa.

Palabras veciñas

aminofilina | aminoglicósido | aminopentamida | aminopeptidasa | aminopirina | aminoplasto | aminopterina