aminoglicósido

aminoglicósido
s m [MICROB/MED]

Nome xenérico dun grupo de antibióticos naturais e semisintéticos illados de cepas de Streptomyces ou Micromonospora. Quimicamente están constituídos por un ou máis aminoazucres unidos por un enlace glicosídico ou unha hexosa. Estes produtos presentan ototoxicidade e nefrotoxicidade, e están contraindicados no primeiro trimestre da xestación. Os máis importantes son: a estreptomicina, a xentamicina, a tobramicina, a kanamicina, a amikacina e a neomicina.

Palabras veciñas

aminofenazona | aminofenol | aminofilina | aminoglicósido | aminopentamida | aminopeptidasa | aminopirina