"Oitavén" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
RIOS
Río da vertente atlántica que, xunto co Verdugo, forma a ría de Vigo. Nace na serra do Suído, na parroquia da Xesta (A Lama), baña os concellos da Lama, Fornelos de Montes e Soutomaior, onde conflúe co Verdugo, e desemboca na parroquia de Arcade tras 33 km de percorrido. Os seus principais afluentes son o Barragán, o Portalago, o Aranza e o Parada. Está represado no encoro de Eiras, que subministra auga potable á cidade de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Fornelos de Montes baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Tui-Vigo que abrangue o concello de Fornelos de Montes e parte dos da Lama, Pazos de Borbén e Ponte Caldelas. Componse de 20 parroquias matrices e un anexo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Oitavén, ao seu paso por Soutomaior. Trátase dunha ponte do s XIX, realizada en cantaría con tres vans formados por arcos rebaixados e tallamares arredondados. Atópase na estrada de Ponte Caldelas e Soutomaior.