Oitavén
Oitavén
Río da vertente atlántica que, xunto co Verdugo, forma a ría de Vigo. Nace na serra do Suído, na parroquia da Xesta (A Lama), baña os concellos da Lama, Fornelos de Montes e Soutomaior, onde conflúe co Verdugo, e desemboca na parroquia de Arcade tras 33 km de percorrido. Os seus principais afluentes son o Barragán, o Portalago, o Aranza e o Parada. Está represado no encoro de Eiras, que subministra auga potable á cidade de Vigo.