Oitavén, ponte do
Oitavén, ponte do
Construción situada sobre o río Oitavén, ao seu paso por Soutomaior. Trátase dunha ponte do s XIX, realizada en cantaría con tres vans formados por arcos rebaixados e tallamares arredondados. Atópase na estrada de Ponte Caldelas e Soutomaior.