"Onán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 47.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de altisonante.
-
-
Que soa alto.
-
Marcado pola énfase.
-
-
-
Que evita a detonación.
-
Substancia que, engadida á gasolina, evita nos motores de explosión, a detonación espontánea mesmo a compresións elevadas. O máis utilizado é o tetretilchumbo, produto que actúa interrompendo as cadeas de reacción e ao cal se suman algúns hidrocarburos haloxenados para evitar a deposición do chumbo e do óxido de chumbo no motor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás substancias utilizadas para reducir ou evitar a enérxica acción oxidante do ozono. Empréganse, sobre todo, para protexer o caucho natural ou sintético, e consisten en ceras de petróleo que actúan fisicamente formando unha película protectora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condición de máxima impedancia nun circuíto resonante paralelo, como por exemplo unha indutancia e un condensador conectados en paralelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que apaixona, entusiasma ou causa moito interese.
-
-
Correspondencia dun son con outro.
-
Entre dúas ou máis palabras, igualdade das vocais tónicas nas agudas e das vocais tónicas, e a última vogal átona nas graves e nas esdrúxulas, prescindindo dos outros sons que seguen á vogal tónica, tanto se son vocais como se son consonantes. Non contan entón para a asonancia, as vocais postónicas internas das palabras esdrúxulas nin as semivocais dos ditongos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que asona.
-
PERSOEIRO
Mestre de obras e escultor románico italiano. En 1186 realizou as portas da catedral de Monreale (Sicilia) e, en 1180, os batentes da porta da capela de San Ranieri, na catedral de Pisa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Estado de calma no mar ou no tempo que resulta propicio para a navegación.
-
Tempo meteorolóxico de temperatura suave, sereno e tranquilo.
-
Situación de prosperidade económica ou social.
-
Tranquilidade de espírito.
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Ch’ungch’ ǒ ng Meridional, na República de Corea, situada ao S de Seúl (330.259 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome dos catro membros dunha familia de soberanos de Bretaña que reinou entre os ss X ao XII. Conan I o Torto (?- Conquereuil 992), conde de Rennes (970-992), tentou reinar en Bretaña. Morreu loitando co conde Fulques de Nerra. Conan II (1040-1066), duque de Bretaña, loitou contra Guillerme o Bastardo, duque de Normandía. Morreu envelenado. Conan III o Gordo (1095-1148), duque de Bretaña (1112-1148), casou con Matilde, filla do rei de Inglaterra Enrique I e loitou ao seu carón. Suprimiu nun concilio os restos do réxime de servidume (1127). Conan IV o Pequeno (1137-1171), duque de Bretaña no 1156, loitou contra a nobreza bretoa e pediu axuda a Enrique II de Inglaterra. En compensación, casou a súa filla Constanza co fillo do monarca inglés, Godofredo Plantagenet, e cedeu o ducado á custodia de Enrique II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe creado en 1932 polo escritor norteamericano Robert E. Howard para a revista Weird Tales. A partir de 1970, Roy Thomas, guionista da editora Marvel, ideou un cómic cun guión creado por el mesmo e acompañado de debuxos en cor de Barry Windsor-Smith. O protagonista, que naceu no reino de Cimmeria, caracterízase pola súa fortaleza física, capacidade de loita e intelixencia.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador da arquitectura norteamericano. Foi profesor de arquitectura na Harvard University (1920-1955). Entre as campañas arqueolóxicas que dirixiu destacan as escavacións realizadas na abadía de Cluny (1928-1950) e no Santo Sepulcro de Xerusalén (1938-1955). Os seus estudios sobre a catedral de Santiago de Compostela reflectíronse en The early architectural history of the cathedral of Santiago de Compostela (A temperá historia arquitectónica da catedral de Santiago de Compostela, 1926). Escribiu tamén Caroligian and romanesque architecture from 800 to 1200 (Arquitectura carolinxia e románica do 800 ao 1200, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que condiciona.
-
-
Calidade dun intervalo ou dun acorde que produce un efecto de afirmación e repouso por mor da fusión dos sons que o constitúen. Trátase dun concepto relativo que variou ao longo dos séculos. Para os pitagóricos, avaliábase segundo as relacións numéricas entre as lonxitudes dos sons que as constitúen. Segundo a harmonía tradicional, a orde de perfección decrecente das consonancias é a oitava, única consonancia absoluta, a quinta e a súa inversión (a cuarta xusta), a terceira maior, a terceira menor, a sexta maior, a sexta menor, etc.
-
Calidade das cousas que se combinan entre si con conformidade ou que gardan correspondencia lóxica.
-
Repetición dos mesmos sons vocálicos e consonánticos a partir da última vocal tónica dun grupo de dúas ou máis palabras. Nos textos en verso, dá lugar á rima consonante, mentres que na prosa o efecto se consegue mediante a reiteración sistemática de certos sons, que buscan incidir nunha idea ou marcar unhas determinadas contraposicións de elementos. Xunto coa asonancia, modelo de rima que tan só repite os sons vocálicos a partir da ultima vogal tónica, o seu cultivo remóntase á literatura latina, principalmente medieval.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se caracteriza pola repetición de todos os seus sons a partir da última vogal acentuada.
-
-
Relativo ou pertencente á consonancia.
-
Relativo ou pertencente ás consoantes.
-
Aplícase ao fonema que posúe as características dunha consoante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema organizado de consoantes nunha lingua dada. Segundo as teorías de Jakobson, este termo designa o conxunto de oposicións consonánticas primarias (como /p/-/k/) que aparecen nas primeiras manifestacións lingüísticas de todos os falantes. Tamén se denomina consonantismo mínimo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de consonantizarse.