consonancia

consonancia

(

  1. s f [MÚS]

    Calidade dun intervalo ou dun acorde que produce un efecto de afirmación e repouso por mor da fusión dos sons que o constitúen. Trátase dun concepto relativo que variou ao longo dos séculos. Para os pitagóricos, avaliábase segundo as relacións numéricas entre as lonxitudes dos sons que as constitúen. Segundo a harmonía tradicional, a orde de perfección decrecente das consonancias é a oitava, única consonancia absoluta, a quinta e a súa inversión (a cuarta xusta), a terceira maior, a terceira menor, a sexta maior, a sexta menor, etc.

    Antónimos: disonancia. Confrontacións: harmonía.
  2. s f

    Calidade das cousas que se combinan entre si con conformidade ou que gardan correspondencia lóxica.

    Ex: Non hai consonancia entre as dúas teorías expostas no simposio. Actúa en consonancia co que pensa.

    Sinónimos: concordancia, harmonía. Antónimos: disonancia.
  3. s f [LIT]

    Repetición dos mesmos sons vocálicos e consonánticos a partir da última vocal tónica dun grupo de dúas ou máis palabras. Nos textos en verso, dá lugar á rima consonante, mentres que na prosa o efecto se consegue mediante a reiteración sistemática de certos sons, que buscan incidir nunha idea ou marcar unhas determinadas contraposicións de elementos. Xunto coa asonancia, modelo de rima que tan só repite os sons vocálicos a partir da ultima vogal tónica, o seu cultivo remóntase á literatura latina, principalmente medieval.

    Confrontacións: asonancia.

Palabras veciñas

consolo | Consolo | consomé | consonancia | consonante | consonántico -ca | consonantismo