harmonía
(
-
-
s
f
Perfecta adaptación das partes ou cousas que forman un todo.
Ex: Mirando polo telescopio apreciaba a harmonía do universo.
-
harmonía preestablecida
[FILOS]
Teoría elaborada por G. W. Leibniz para explicar a relación das mónadas, que nin poden relacionarse extrinsecamente, nin exercer ningún influxo físico unhas sobre outras, e evitar así o ocasionalismo.
-
s
f
-
s
f
Boa disposición ou correspondencia entre dúas ou máis persoas.
Ex: Todos eles vivían en harmonía.
Confrontacións: consonancia, sintonía. -
s
f
-
Combinación de sons acordes ou agradables ao oído.
Ex: Ata alí chegaban os cantos dos monxes, cheos de harmonía.
-
Adecuada combinación das formas da linguaxe que resulta agradable ao oído.
Ex: A calidade do poema reside na harmonía dos versos.
-
-
s
f
[MÚS]
-
Ciencia que ten por obxecto a formación e o encadeamento dos acordes. O estudo da harmonía pódese dividir en tres grandes partes: os acordes e as súas características, a forma de realizalos e o estudio das notas descoñecidas no acorde. A primeira trata da nomenclatura dos acordes e a súa clasificación. A realizacion refírese á posición e ao encadeamento dos acordes, e comprende os movementos melódicos, as cadencias, a modulación, as marxes, etc. A terceira estudia os acordes alterados, os ornamentos melódicos, os retardos, as notas, etc.
-
Estrutura dunha obra ou dun fragmento musical considerada desde o punto de vista dos acordes e das relacións entre eles para formar ideas musicais.
-
-
[LING]
-
Fenómeno fonético mediante o que os timbres dos fonemas vocálicos dunha determindada palabra tenden a equilibrarse pola presencia dun i tónico ou dun iode (*cireixa, *pidir, *M[ε]ría, *firida, *gueiteiro) que palataliza unha vogal veciña, ou dun u tónico que, polo xeral, pecha a velar de grao medio pechada /o/ (*bunito, *subriño, *uliva). É un fenómeno de certa incidencia no galego oral. OBS: Tamén se denomina harmonización vocálica.
-
harmonía vocálica
Fenómeno fonético polo que o sistema vocálico se compón de dous grupos de elementos separados por unha oposición distintiva do tipo aberta/pechada, anterior/posterior, etc, de maneira que unha soa palabra pode presentar elementos vocálicos de cada un dos grupos respectivos. É característico de certas linguas, como o turco e o húngaro. OBS: Tamén se denomina harmonización vocálica.
-