harmala
harmala
Nome científico:
[Peganum harmala, Fam das zigofiláceas]
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea perenne, de 30 a 60 cm de altura, con follas alternas, carnosas, pinnatisectas, flores solitarias esbrancuxadas e de froitos en cápsula trivalva globosa. Medra nos terreos esteparios e en ermos secos da rexión mediterránea. Florece a partir do mes de abril no sur de España, algo máis tarde na conca do Ebro e centro do país, e prolóngase durante todo o verán. As súas sementes son ricas en distintos alcaloides e emprégase como planta antidepresiva.