"Onega" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e cursou estudios na facultade de Filosofía e Letras. Exerceu como avogado na Coruña. Militante nas filas do galeguismo dende a súa mocidade, presidiu a Mocedade Galeguista da Coruña (1936) e interveu na campaña do plebiscito ao Estatuto de Autonomía. Foi un dos socios fundadores da Editorial Galaxia e vicepresidente do seu consello de administración, e pertenceu ao consello de redacción da revista Grial. Asistiu ao Encuentro de Nacionalidades Europeas sin Estado (Bilbao-Guernika, 1977) e asinou o Documento dos 29. En 1978 foi nomeado conselleiro de Cultura da Xunta preautonómica a proposta dos senadores independentes e por designación real. Colaborador de La Voz de Galicia, A Nosa Terra, Ser, Guieiro, Resol, Grial e La Tarde, publicou A memoria e os amigos (1994) e Luís Seoane: vida e obra literaria (1994). Membro numerario...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome inglés de Dún na nGall.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade que ten un átomo para atraer cara a el os electróns do enlace covalente que forma con outro átomo; isto é, tendencia que presenta un átomo a compartir desigualmente os electróns do orbital ou dos orbitais do seu enlace. A escala de electronegatividades foi calculada por primeira vez por L. Pauling a partir dos momentos dipolares, electronegatividades e potenciais de ionización, que estableceu o valor 4,0 para o fluor. A electronegatividade emprégase para calcular o carácter iónico dun enlace e tamén para calcular, de xeito aproximado, a lonxitude de enlace a partir da dos radios covalentes.
-
-
Aplícase a un átomo, molécula ou elemento que, por exceso de electróns, ten carga negativa.
-
Que é capaz de capturar electróns.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Mónaco ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Mónaco.
-
-
LAGOS
Lago situado ao NO da parte europea de Rusia (9.700 km2). Ten unha profundidade media de 30 m e unha máxima de 127 m, e sitúase nunha conca tectónica transformada polo glaciarismo. O litoral do N e do NO é elevado e está composto por rochas cristalinas, mentres que o S é baixo e plano, areoso e bastante pantanoso. Posúe 1.369 illas e nel desembocan 58 ríos, dos que destacan o Šuja, Suna, Vodla e Vytegra.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Rusia que ten unha lonxitude de 416 km. É emisario do lago Lača e desemboca na badía de Onega, no Mar Branco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Cronista político para Fax Press, dirixiu o xornal Ya e foi xefe de informativos nas cadenas SER e COPE. Foi director xeral de Onda Cero en dúas épocas, a última entre xullo de 2000 e xaneiro de 2002, tamén presentador e director de espazos informativos en TVE, TELE 5 e Antena 3 Televisión, ademais de director editorial de Telefónica Media. É autor de Santiago de Compostela, ciudad patrimonio de la humanidad de España (1997), en colaboración con Xosé A. Perozo, e Rumbo variable: ; diálogos en torno al “Prestige” (2003), con outros autores. Recibiu o Premio Galicia de Comunicación (1992), a Antena de Oro (1995), dous premios Ondas (1979 e 2000) e a Medalla Castelao (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi gobernador civil de Zamora (1979-1982) e de Bizkaia (1982), inspector xeral de servizos do Ministerio do Interior (1984-1993) e director xeral de Política Interior (1996-2004). Foi fundador e director da revista Quintana (1962), e publicou numerosas monografías sobre temática socio-política en diversas revistas e publicacións xurídicas especializadas. Escribiu Los Judíos en el Reino de Galicia (1981), Odoario el Africano. La colonización de Galicia en el siglo VIII (1988), José María Díaz Sanjurjo. Un gallego en Vietnam (1991), El enigma de José An (1991) e El promontorio de los claveles marinos (1999). Recibiu a Encomienda de Número al Mérito Civil (1977) e a Medalla de Prata da Real Orden del Mérito Deportivo (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase ao resultado dunha proba serolóxica en que non se detectou o anticorpo ou o elemento estudado.
-
Que ou quen non presenta reaccións séricas positivas.
-
-
GALICIA
Crítico e realizador cinematográfico. Dirixiu a Revista Pathé ata 1922 e colaborou nos xornais El Sol, co pseudónimo de Focus, El Debate e La Vanguardia, onde analizou diferentes aspectos técnicos do cine da época. Da súa filmografía destacan Sol y sombra (1923) e Santa Isabel de Ceres (1923); e os documentais Fandanguillo/Almería y su uva (1942), Rutas de la Alpujarra (1944), Cádiz por alegrías (1944) e Sevilla por soleares (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inmunólogo e xenetista xaponés. Estudou nas universidades de Kyoto e California (San Diego). En 1987 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina pola súa contribución ao coñecemento do sistema inmunolóxico humano, do que se estableceron os mecanismos xenéticos que determinan a resposta inmune e sinalou a especificación na formación de anticorpos e da reacción antíxeno-anticorpo.
VER O DETALLE DO TERMO