"Oporto" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • Aeródromo provisto de instalacións e servicios permanentes que asisten con regularidade o tránsito aéreo e que permiten o aparcamento, o mantemento e a reparación das aeronaves, como tamén o embarque e o desembarque de pasaxeiros e de carga. A transformación do aeródromo en aeroporto prodúcese coa instauración das liñas aéreas regulares, pouco tempo despois da Primeira Guerra Mundial. O tipo de tránsito que debe ser atendido por un aeroporto é o que determina as características. Así as liñas aéreas de categoría local (300-800 Km) empregan avións que requiren pistas duns 1.100-1.500 m de lonxitude e de 10-15 t de resistencia máxima por roda, mentres que as grandes liñas intercontinentais empregan aparatos que requiren pistas duns 2.200-4.000 m de lonxitude e de 45 t de resistencia. Por outro lado, a diferenza cualitativa entre un aeroporto local e un internacional está non soamente nas pistas, senón nos servicios de navegación aérea, de mantemento e de reparación das aeronaves e na infraestrutura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aeroporto situado no lugar homónimo da parroquia de Almeiras, no concello de Culleredo, e que dá servizo á área metropolitana da Coruña. Inaugurado o 24 de maio de 1963, ten categoría de aeroporto doméstico, aínda que ofrece servicios regulares con París e Londres cunha frecuencia de tres voos semanais en ambos os casos. Conecta diariamente con Barcelona e Madrid, e tamén ten liñas regulares con Bilbao e Oviedo. En 1997 rexistrou un total de 405.068 pasaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica porto e mais a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIV: “Fernã Lourenço do Porto” (doc ano 1334 en C. de Azevedo Maia, História do galego-portugués. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 156). Adoita grafarse Do Porto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Administrativa. Funcionaria do Concello de Lalín e encargada do Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín, entre outras actividades, traballou na organización de exposicións temporais, do Cocido das Artes, das bienais de pintura Pintor Laxeiro, incluído o certame escolar, e foi guía do mesmo. Dirixiu e coordinou a publicación dos catálogos das bienais Pintor Laxeiro e colaborou co Seminario de Estudios do Deza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exploración radiográfica, en desuso, do sistema esplenoportal mediante unha inxección dunha substancia de contraste que se introduce no bazo, coas conseguintes radiografías seriadas, que permiten visualizar a dinámica e a morfoloxía deste sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aeroporto de hidroavións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aeroporto situado no concello de Santiago de Compostela. Está declarado desde 1995 de actuación conxunta civil-militar. A titularidade dos seus terreos repártese entre Aena e o ministerio de Defensa. A terminal de pasaxeiros rematouse de construír en 1969 e ampliouse en 1976, 1982 e 1993. Emprégase para tráfico regular e chárter, tanto nacional como internacional, e para aviación xeral. En 2001 acadou a certificación ISO 9001/2000. En 2003 rexistrou un total de 1.381.826 pasaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aeroporto situado entre a zona alta da parroquia de Cabral (Vigo) e os concellos de Mos e Redondela e que dá servizo á provincia de Pontevedra, parte da provincia de Ourense e ao N de Portugal. Foi inaugurado o 25 de abril de 1954 e está clasificado como de terceira categoría e clase internacional. Ten voos a Madrid, Barcelona, Sevilla, València, Bilbao, Palma de Mallorca, Tenerife e París, que permiten unha conexión con outros aeroportos, tanto nacionais coma internacionais. En 2004 rexistrou un total de 911.975 pasaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO