Peinador, aeroporto de
Peinador, aeroporto de
Aeroporto situado entre a zona alta da parroquia de Cabral (Vigo) e os concellos de Mos e Redondela e que dá servizo á provincia de Pontevedra, parte da provincia de Ourense e ao N de Portugal. Foi inaugurado o 25 de abril de 1954 e está clasificado como de terceira categoría e clase internacional. Ten voos a Madrid, Barcelona, Sevilla, València, Bilbao, Palma de Mallorca, Tenerife e París, que permiten unha conexión con outros aeroportos, tanto nacionais coma internacionais. En 2004 rexistrou un total de 911.975 pasaxeiros.